O PPdeG, “pechado nun armario” ante o colectivo LGTBI

Os socialistas acusan aos populares de “dobre moral” por “converter en papel mollado” a Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación ao colectivo LGTBI. Critica que permitan o reparto dos folletos homófobos de Hazte Oír diante dos centros de ensino.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O PP mantén posicións intolerantes pechadas nun armario”. Foi a denuncia que fixo este mércores a portavoz de LGTBI do Grupo Socialista, Noela Blanco, logo de que os populares rexeitaran no Pleno do Parlamento unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumprira coa Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación a LGTBI, aprobada en abril de 2014.

Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.
Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.

A responsable socialista acusou nun comunciado ao PP de ter apoiado esta iniciativa que “utilizou para intentar limpar a mala imaxe dunha dereita que sempre se posicionou en contra da igualdade en dereitos e liberdades das persoas LGTBI” para despois incumprila dende a Xunta. 

Criticou, ademais, “dobre moral dos mesmos de sempre, os que se opuxeron ao aborto para despois practicalo, os que actuaban de testemuñas de vodas entre persoas do mesmo xénero e ao mesmo tempo os levaban ao Tribunal Constitucional, e os que votaron a favor da Lei de Igualdade de Trato para convertela en papel mollado”.

HAZTE OÍR

Sinalou así os “graves incumprimentos” do goberno galego con esta Lei impulsada polos socialistas galegos, obviando o obrigado diálogo coas entidades, ou desatendendo aos menores e mesmo permitindo o reparto dos folletos homófobos de Hazte Oír diante dos centros de ensino. Tampouco garantiron a igualdade no mercado de traballo, non desenvolveron a Lei e impediron o debate da Lei de Identidade de Xénero de Galicia.

Autobus de Hazte Oír
Autobus de Hazte Oír | Fonte: rtve

Acusou ao PP de constituír “o motor do autobús de Hazte Oír, como evidencia mesmo a guía de voto nas eleccións primarias do PP publicada por aquela organización “homófoba e transmófoba” nos medios de comunicación conservadores. Resumiu que “Hazte Oír é o PP e o PP é Hazte Oír” e desafiou a este partido a reclamarlle a Pablo Casado que pida a ilegalización da organización e rexeite a campaña que o defende como candidato do PP. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

Que ben tirades os "xogos de palabras", eh?