Temas: AEROPORTOS AENA

A afluencia dos aeroportos galegos aumenta en máis de 18.000 pasaxeiros en maio

Os tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2018 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O tres aeroportos galegos rexistraron 18.000 pasaxeiros máis que hai un ano durante o mes de maio, no que superaron os 450.000 usuarios. Así o reflicten as estatísticas de tráfico aéreo feitas públicas este xoves por Aena, e que revelan que as tres terminais galegas experimentaron no quinto mes do ano un incremento do 4,2% en cifra de pasaxeiros.

Interior salga VIP Aeroporto de Santiago. AENA
Interior salga VIP Aeroporto de Santiago. AENA | Fonte: Europa Press

Por aeródromos, a maior cifra foi para Santiago de Compostela, por onde pasaron 245.963 usuarios, un 3,3% máis que hai un ano. Pola súa banda, A Coruña experimentou un crecemento de algo mais do 10%, até os 105.202 pasaxeiros e Vigo, cun lixeiro descenso do 0,1%, quedou nos 99.319.

En canto á cifra de operacións, por Lavacolla pasaron ao longo do quinto mes do ano 1.948 voos, un 0,8% máis; A Coruña xestionou 1.566, un 6,7% máis; e Vigo 1.145, un incremento do 3,6%. Tamén no capítulo das mercadorías, Santiago e Vigo rexistraron incrementos, do 12,3% e do 53,1%, respectivamente, mentres que Alvedro descendeu un 1,6%.

ACUMULADO ATÉ MAIO

Até o mes de maio deste ano pasaron polos aeroportos galegos máis de 1,9 millóns de pasaxeiros, fronte aos 1,8 millóns que se rexistraron no mesmo período de 2017.

Por aeroportos, polo de Santiago pasaron xa 1.037.212 pasaxeiros, un 4,6% máis; mentres que o da Coruña rexistrou 477.863 usuarios, un 8,6% máis; e o de Vigo 416.488, un 9% por encima dos datos do ano pasado.

Temas: AEROPORTOS AENA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta