O audio do accidente de Angrois que PP, PSOE e Ciudadanos non queren que se escoite

Por Galicia Confidencial | Madrid | 12/07/2018 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

PP, PSOE e Ciudadanos non están polo labor de que se escoite a audición da chamada do maquinista tras o accidente de Angrois. A decisión da comisión do Congreso que investiga o accidente ferroviario de non reproducir publicamente a gravación da conversa derivou nunha rifa parlamentaria este mércores cando o deputado de ERC Gabriel  Rufián tentou sortear o veto reproducindo o son, provocando protestas desde outros grupos.

Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela)
Accidente de tren Alvia en Angrois (Santiago de Compostela)

Na súa comparecencia ante a comisión, o propio maquinista, Francisco José Garzón, entre bágoas, pediu que os deputados escoitasen íntegra aquela conversa, que no seu día se deu a coñecer parcialmente deixando ver que o maquinista recoñecía ir a máis velocidade da permitida.

Pero agás ERC e Unidos Podemos-En Marea, os demais grupos rexeitaron a reprodución da conversa, alegando que debía expoñerse con máis tempo e que se prefería evitar danos ás vítimas.

Este vídeo mostra o momento no que Rufián fala co maquinista e é censurado na comisión cando tenta reproducir o audio, que se expón íntegro a continuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta