Temas: VAL DO DUBRA

Os pais e nais do Val do Dubra protestan polo "deficiente" servizo de pediatría

Os 360 nenos dubreses quedan sen pediatra na época de verán.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un grupo de pais e nais do Val do Dubra desprazáronse este mércores ao Parlamento de Galicia para presenciar como o Grupo Socialista expoñía as "deficiencias que sofre o servizo de pediatría no concello". Os pais do Val do Dubra reclaman que se reestablezca o servizo en xornada completa, xa que actualmente comparten unha pediatra tan só media mañá co centro de saúde de Vite, en Santiago de Compostela.

Persoal sanitario, hospital, enfermeira, médico
Persoal sanitario, hospital, enfermeira, médico

Así mesmo, o responsable do PSdeG do Val do Dubra, que acompañou aos pais na visita, mostrou a súa preocupación e rexeitamento pola situación que sofren na época estival ao quedar sen o servizo. Así pois, os nenos e nenas deben desprazarse máis de 22 kilometros para seren atendido, por iso solicitou que a rapazada conte con este servizo esencial durante todos os meses do ano.

Temas: VAL DO DUBRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta