Nigrán lembra este domingo os incendios de outubro co evento 'Arte no Queimado'

O obxectivo é "non perder a memoria do ocorrido e concienciar do desastre absoluto que supoñen os incendios".

Por E.P. | VIGO | 13/07/2018 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Así o manifestou o alcalde de Nigrán, Juan González, nun comunicado remitido polo Concello. En concreto, esta xornada celebrarase na alameda de San Campio, na Ramallosa, e contará coa participación das comunidades de montes de Camos e Chandebrito, a asociación veciñal 'O Castro' de Chandebrito e Coruxo Arte.

Talla de árbores previa á celebración do evento 'Arte non Queimado'. AYUNTAMIENTO DE NIGRÁN
Talla de árbores previa á celebración do evento 'Arte non Queimado'. AYUNTAMIENTO DE NIGRÁN | Fonte: Europa Press

Neste contexto, o promotor do colectivo e escultor, Juan Coruxo, iniciou este venres xunto a Remigio Dávila e Rosendo González a talla de cinco árbores secas situadas na alameda. Prevese que os seus traballos finalicen o domingo, cando preto dunha vintena de artistas (fundamentalmente pintores e escultores) traballarán en vivo con material procedente dos lumes de outubro.

Así mesmo, durante o día celebraranse talleres infantís, pola tarde haberá un pasacalles 'Máxico' a cargo da Illa dos Nenos e actuarán dous magos e dous zancudos. Xa ás 21,00 horas, tocará o acordeonista Roberto Comesaña, veciño de Priegue e gañador dun Grammy en 2016 co tema 'Cabaliño', xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Davide Salvado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta