O crime do Cash Record "non vai quedar no esquecemento"

Logo de case 25 anos sen resolverse, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, afirma que "a Policía segue investigando" e que este caso non se esquecerá.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, prometeu que o dobre crime do Cash Record --no polígono industrial de Ou Ceao-- "non vai quedar no esquecemento" despois de case 25 anos sen resolverse.

Polígono industrial de O Ceao, en Lugo
Polígono industrial de O Ceao, en Lugo | Fonte: Galicia Naves

Nunha entrevista á Cadea Ser, recollida por Europa Press, Rodríguez asegurou que "a Policía vai seguir investigando". "Eu estou ao corrente de que se siga investigando. Nese sentido non podo contar máis", expresou, dado o segredo das actuacións por parte do Xulgado de Primeira Instancia Número 1 que leva a investigación. O 30 de abril de 1994 cumpríronse 24 anos deste dobre crime no que o autor ou autores levaron tamén un botín de cinco millóns das antigas pesetas --30 mil euros--.

Os cadáveres da caixeira Elena López e do repoñedor Esteban Carballedo foron achados pola irmá da primeira, Isabel, que abandera as protestas e mobilizacións para dar co autor ou autores, que puideron empregar unha arma (pistola) que utilizaban as forzas e corpos de seguridade do Estado para acabar coa vida destas dúas persoas. O principal sospeitoso é un hostaleiro que tiña un negocio na zona vella de Lugo no momento dos feitos e que agora reside en Burgos.

Así, a subdelegada do goberno afirmou que "as forzas e corpos de seguridade do Estado están a tratalo de resolver", polo que espera "que sexa o máis pronto posible": "polas familias dos afectados, principalmente, e por nós tamén". Isabel Rodríguez xa rexistrou a renuncia á acta de concelleira no Concello de Viveiro, onde levaba como edil socialista 22 anos logo de entrar da man do falecido Melchor Roel. No pleno de agosto xa será oficial a súa renuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta