Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/07/2018 | Actualizada ás 16:26
A Universidade da Coruña (UDC) encabeza en España o ránking IUNE no ítem da proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica sobre o total das publicacións de cada universidade, segundo se vén de facer público.
O Observatorio IUNE está constituído por un grupo de investigadores pertencentes ás universidades que integran a Alianza 4U. O seu obxectivo é caracterizar a actividade científica das universiades a partir dunha ampla batería de indicadores. Así no que mide as publicacións nas tres primeiras revistas de cada unha das áreas científicas, a UDC ocupa o primeiro posto do Sistema Universitario Española tendo en conta o tamaño da universidade, mellora o indicador do ano pasado no que a UDC ocupaba o terceiro lugar; sitúase ademais no posto 19 en patentes estatais, que na pasada edición era o número 22, e no mesmo posto en proxectos do plan nacional, que tamén mellora a anterior edición en que a UDC estaba no 30, informa a institución coruñesa.
Na actualización do ránking SIR (Scimago Institutions Ranking), a UDC ocupa o posto 476 dun total de 3.234 universidades de todo o mundo, e o 38 das 63 españolas, mellorando os postos da edición anterior, que ocupaba o número 482 e 39, respectivamente.
Finalmente, na última versión do THE-Teaching Ranking (Thimes Higher Education World University Teaching Ranking), a UDC ocupa o posto 126-150 de entre as máis de 200 universidades europeas avaliadas. Ademais, está na posición 24 das 42 universidades españolas que entran neste ránking.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.