Unha galega alegou non entender catalán para non pagar unha multa en Barcelona

O Xulgado Contencioso Administrativo 8 de Barcelona deulle a razón e non deberá pagar os 60 euros por estacionar en carga e descarga.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/07/2018 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O Xulgado Contencioso Administrativo 8 de Barcelona anulou unha multa de tráfico de 60 euros a unha condutora galega, da provincia da Coruña, que aparcou en zona de carga e descarga na capital catalá porque o sinal só estaba en catalán.

Sinal de tráfico escrito en catalán
Sinal de tráfico escrito en catalán | Fonte: La Sexta

Segundo a sentenza, de 29 de xuño, recollida por Europa Press, o Concello de Barcelona multou á condutora pola comisión dunha infracción leve do artigo 70.2J da ordenanza de circulación o 26 de xullo de 2016 por "estacionar nunha zona de carga e descarga e vehículos comerciais".

A condutora presentou un recurso pola vía contenciosa administrativa contra a multa porque infrinxía o artigo 56 da lei de tráfico e do artigo 138 do regulamento xeral de circulación ao estar a sinalización viaria exclusivamente en catalán "xerando indefensión á recorrente ao non estar rotulada en castelán".

Defendía que ditas normas prevén "que as indicacións escritas que se inclúan ou acompañen aos paneis de sinalización das vías públicas e inscricións figurarán en idioma castelán e, ademais, na lingua oficial da comunidade autónoma".

Pola súa banda, o Concello argumentou que a sinalización vertical, que ademais inclúe pictogramas, estaba "reforzada pola sinalización horizontal propia das zonas de carga e descarga para estacionamentos temporais e/ou universais, tratándose dunha sinalización universal".

No entanto, a xuíza asume que o artigo 56 da lei de tráfico obriga a que as indicacións escritas dos sinais "expresaranse, polo menos, na lingua española oficial do Estado" polo que o Concello incumpriu dita lei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

Coa mesma, unha galega que sexa multada en Madrid podería alegar que o sinal non está rotulado en galego.