Desestiman a demanda do exalcalde do Grove contra o autor e a editorial de "Fariña"

Alfredo Bea Gondar terá que pagar os custes do proceso. O libro sobre o narcotráfico galego estivo tres meses e medio secuestrado por decisión xudicial.

Por Galicia Confidencial | MADRID | 18/07/2018 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O escritor Nacho Carretero e a editora Libros del KO non vulneraron o dereito á honra do exalcalde do Grove, Bea Gondar. O xulgado condena ao ex rexedor do Grove pagar os custes do proceso. O demandante pedía medio millón de euros de indemnización debido ás mencións que se facían del no libro "Fariña".

Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero
Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero

A xuíza absolveu ao autor e aos editores nunha sentenza que suliña que o relato do libro ademais das declaracións públicas de Nacho Carretero resultan "verídicas". Considérase que tanto o dito por Carretero como o escrito é froito dun "importante labor de investigación". Desta maneira desbótase que se vulnerase o dereito á honra de Bea Gondar nin que se fose máis alá do dereito á información e da liberdade de expresión.

A sentenza pode ser recorrida e xa é a segunda favorable a Carretero e a Libros del KO, logo de que o 22 de xuño a Audiencia Provincial de Madrid levantara o secuestro cautelar que lle impuxeran ao libro no mes de marzo. Daquela o Xulgado de Pimeira Instancia e Instrucción Número 7 de Collado Villalba, ordenara a medida. A substituta da xuíza que ordenara o secuestro do libro deu a razón aos demandados. 

O NOME DE BEA GONDAR

Alfredo Bea Gondar é mencionado dúas veces no libro pola súa relación co narcotráfico. Diante disto, a xuíza considera que non queda probado que as mencións ao expolítico grovense "fosen inxurias ou atentaran contra a honra" de Bea Gondar. Tampouco estimou a xuíza como inxuriosas ou atentado á honra as declaracións de Nacho Carretero sobre o exalcalde do Grove, falando del como "narcotraficante".Para apoiar esta resolución, a xuíza baseouse en sentenzas da Audiencia Nacional que proban vínculos de Bea Gondar co narcotráfico e que despois foi procesado por ditos vínculos. Ademais sublíñase que Carretero recorreu e citou fontes xudiciais, policiais e a novas dos medios naquel tempo.

Bea Gondar fora absolvido por narcotráfico logo dun primeiro xuízo. Non obstante, fora condenado pola Audiencia Nacional nun segundo proceso, mais esa sentenza fora revisada polo Supremo que o absolvera por tráfico de drogas, pola contra, fora condenado por branquear diñeiro do narcotráfico. Dito isto, a xuíza considera que non hai vulneración ao dereito á honra, pois segundo determina a xurisprudencia do Supremo, o dereito á información ten preferencia e o contido é "verídico" e trata temas de interese xeral. Ademais valora o "importante labor de investigación" feita por Carretero para basear o contido do libreo e as declaracións vertidas nas entrevistas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta