Abrindo portas á lingua

O venres tiven o primeiro encontro coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e debo sinalar que foi do máis cordial, a pesar das discrepancias de visión en aspectos centrais sobre o que significa termos un idioma propio e a vulneración de dereitos lingüísticos que se dan en Galiza.

Por Carlos Callón | Santiago | 11/04/2011

Comparte esta noticia

A porta que abriu a presidenta do Parlamento pode ser unha metáfora dunha porta que abre ao noso idioma na telefonía móbil. Pilar Rojo comprometeuse a que a próxima concesionaria de telefonía móbil do Parlamento terá que garantir a atención en galego. A licitación será antes de que finalice o actual período de sesións, polo que nun prazo máximo de dous meses poderemos verificalo.

Ademais de que simbolicamente sexa importante, esta condición axudará a concretar na práctica a aplicación da lei 1/10, que nos debería garantir os nosos dereitos lingüísticos na atención telefónica. Porén, a cantas de vós non vos responderon de má maneira por falardes galego, a cantos de vós non vos cortaron as chamadas, como se fose un problema técnico, polo feito de falardes na vosa lingua? Temos que conseguir fecharlle as portas á discriminación e abrirllas aos nosos plenos dereitos como cidadás e como cidadáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Callón Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e presidente honorífico da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varias obras, entre as cales o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o ensaio Amigos e sodomitas e o poemario Atravesar o fantasma.