Temas: PREMIOS ANG

Créase o Premio "Estudante Galeguista do Ano" para promocionar o idioma

Impulsado pola Assembleia Nacional Galega, pretende potenciar na mocidade o uso da lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/07/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Assembleia Nacional Galega (ANG) convoca por primeira vez o Premio "Estudante Galeguista do Ano" co patrocinio da Libraría Pedreira de Compostela, a Libraría Cartabón de Vigo, a Libraría Suévia da Coruña e a Libraría Trama de Lugo. Os obxectivos do premio son "potenciar na mocidade o uso da língua galega, a excelência académica e o compromisso e ativismo com a defesa da língua, da cultura e da sociedade galega", asegura a ANG, unha asociación cultural e cívica de carácter galeguista e non vinculada a ningunha organización política que traballa polos vínculos con Portugal e o Brasil. 

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas

A este premio pode acceder calquera alumno ou alumna de entre 16 e 30 anos que curse estudos de secundario nun centro público ou calquera alumno ou alumna que realice estudos superiores nun centro público galego, que redisa en Galicia, no Bierzo, no Eu-Návia ou nas Portelas. O agasallo será un diploma acreditativo como "Estudante Galeguista do Ano 2018" e un lote de libros e discos galegos. 

O prazo de entrega da documentación remata o 2 de setembro e o 9 de setembro anunciarase a decisión do xurado, que estará formado pola Coordinadora da ANG e/ou persoas relevantes da cultura e do galeguismo. Entre os aspectos que se valoran está o do uso habitual do idioma galego, ter estudos de Galego ou portugués nunha Escola de Idiomas durante o último curso, participar na organización de actos relacionados coa promoción da lingua... entre outros. As bases completas poden consultarse na súa páxina web ou no Facebook

Temas: PREMIOS ANG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta