A defensa do condenado polo dobre crime de Arbo solicita a súa absolución por falta de probas

Defende a "inocencia" do procesado e apela ante o TSXG a sentenza, ao considerar que está baseada en "sospeitas"

Por E.P. | A CORUÑA | 24/07/2018 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A defensa de Arturo D.S., o home condenado a 47 anos de prisión polo dobre crime da súas exparella e o noivo dela en Arbo (Pontevedra), pediu, na vista de apelación celebrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a súa libre absolución por falta de probas.

Arbo
Arbo

A Sala do Civil e Penal do TSXG acolleu este martes esta vista despois do recurso presentado polo avogado da defensa do procesado, que insistiu na "inocencia" deste home e pide que se revogue a sentenza que, de acordo co veredicto do xurado, o condenou polo dobre crime da súa exparella, Beatriz Domínguez, e o noivo dela, Sergio Rodríguez, en xullo de 2015.

Así, fronte aos argumentos da acusación particular e do ministerio público, que solicitan que se confirme a sentenza, o letrado da defensa apelou ao feito de que a sentenza "se basea en sospeitas, non en probas".

"Quebrantouse o principio de presunción de inocencia", asegurou o letrado da defensa, que insiste en que "non hai nada" que poida permitir afirmar que Arturo D.S. é culpable destes feitos.

Respecto diso, argumentou que tanto o ditame policial como a proba pericial concluíron que este home "non pode ser o autor". Ademais, subliñou que, pola posición do teléfono, o procesado "estaba na súa casa" cando morreron as vítimas.

SENTENZA "PEDAGOXICAMENTE ESTRUTURADA"

Pola súa banda, a Fiscalía defende que non existe "ningunha conclusión irracional ou contraditoria" na sentenza ditada pola Audiencia de Pontevedra. "É unha sentenza pedagoxicamente estruturada", afirma.

O representante do Ministerio Público defendeu a actuación do xurado popular, que baseou o seu veredicto en "datos obxectivos" e viu probado que Arturo mantiña un comportamento "posesivo, controlador e violento" con Beatriz, á que "vixiaba permanentemente".

O xuízo celebrouse en outubro de 2017 con xurado popular na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Arturo foi condenado por matar á súa exparella, coa que mantivera unha relación sentimental durante uns nove anos, froito da que naceu unha filla, e ao seu noivo.

O xurado considerou que na madrugada do 3 de xullo de 2015, Arturo seguiu a Beatriz e a Sergio até un lugar afastado no monte e, "coa intención de acabar coas súas vidas, disparoulles á cabeza cunha escopeta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta