EU defende o modelo dos “concellos do cambio e rebeldes” cos alcaldes de Ferrol e Mugardos

Eva Solla insiste no modelo de República Federal democrática, mentres que Jorge Suárez aposta polo “republicanismo, a loita de clases, ou o dereito dos pobos a defenderse das agresións”.

Por Galicia Confidencial | Mugardos | 25/07/2018 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

Federalismo, republicanismo e loita de clases. Foron os eixos principais dos discursos dos principais dirixentes de Esquerda Unida, formación que este mércores celebrou o 25 de xullo cun acto en Mugardos baixo o lema “Defender o municipalismo rebelde para construír República”.

Na súa intervención, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, destacou os executivos nos que goberna EU. “A día de hoxe os concellos do cambio e rebeldes, constantemente atacados e estrangulado, son fundamentais para ter unha saída aos problemas da cidadanía e básicos para a contribución do cambio histórico. Por iso compre resaltar o traballo posto en marcha polas compañeiras e compañeiros dende o ano 2015, por esa aposta por reclamar o papel dos concellos dentro do modelo que defendemos”.

Por iso, e para amosar ese "músculo institucional", neste acto tamén participaron a  alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,  ademais do secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, e o membro da dirección de Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, entre outros. Na súa intervención, o rexedor de Ferrol, insistiu nos valores republicanos.  “A importancia de seguir a pular polos dereitos dun país; e facelo, dende posturas e palabras que semellan hoxe proscritas, como o republicanismo, a loita de clases, ou o dereito dos pobos a defenderse das agresións”, indicou.

Ademais, destacou o “poder” de EU na actualidade. Unha organización, dixo, “máis forte que nunca no institucional e tamén na militancia”. “Ver tanta xente hoxe debe encher de orgullo a todos os que loitaron no ámbito político e sindical para que hoxe poidamos estar aquí e seguir a pular pola creación de República, coa que finalmente venceremos”, remarcou.

Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo
Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo | Fonte: EU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Gamela

Velaí o "músculo político" de Eva Solla http://www.parlamentodegalicia.es/s... E Rubén Pérez tamén debe estar a gobernar con Caballero a xulgar polo mutismo total que temos que aturar logo de 3 anos chupando do bote !!! VERGOÑA !!! Se non fora polos votantes de PodemosGalicia estaban toda na casa !!!

5 Pilar fóra da ría

Foron facer o triste microacto de menos de 10 persoas a un concello onde é un clamor poder ir votar xa para botar á aprendiz de ditadora prorreganosa da alcaldesa de IU. Ten cabreados a todo o mundo, traballadores, veciños, a sua propia e escasa militancia xa. E falan de "cambio", si, de cambio de salario dunha concelleira eterna que leva 30 anos no concello e cando colle a alcaldía é para isto

4 Marcha can!!

De verdade non había nen para faser unha afoto na q saisen mais de catro pelagatos?, de verdade non había un chino aberto perto para mercar unha bandeira galega?, de verdade non tedes nin interese en faser un paripé polo dia da pátria?...

3 bestarruza

Pilar Díaz, entregada a defender los intereses de Reganosa, organiza como acto politico una comilona con Nécoras, Pulpo y Carne ó caldeiro.

2 Un galego

As caras e os xestos definen perfectamente as situacións... Buff, e poñer eses exemplos xa é para chorar.