Temas: FOLGA TAXI

Os taxistas galegos, en folga até o mércores

En Galicia, o respaldo para sumarse aos paros foi "unánime".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O colectivo galego de taxistas decidiu convocar unha folga desde as 12,00 horas deste luns e até as 00,00 horas do mércores en apoio aos compañeiros que se reúnen en Madrid no Ministerio de Fomento para abordar a problemática dos vehículos con condutor.

Taxi en Santiago de Compostela
Taxi en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

As distintas asociacións que representan ao taxi en Galicia reuníronse este luns na Coruña, onde, segundo fontes do sector consultadas por Europa Press, o respaldo foi "unánime" a sumarse aos paros, convocados en varias cidades de toda España.

Temas: FOLGA TAXI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta