Descobren un novo material que aumenta a eficacia da quimioterapia

O novo material, baseado en clústeres de prata, mellora a acción terapéutica logo de diminuír o grao de compactación da cromatina, unha barreira de proteínas que rodea o ADN dun tumor.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/07/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Un novo camiño para aumentar a eficacia da quimioterapia acaba de ser descuberto. E da man dun equipo liderado polos docentes da USC Fernando Domínguez e Arturo López-Quintela. Eles, xunto a un amplo grupo de investigación de centros españois e estranxeiros, veñen de demostralo nun artigo publicado na revista Advances Materials. Porque estes investigadores demostraron, a partir de ensaios en ratos con cancro de pulmón, unha mellora da acción terapéutica logo de diminuír o grao de compactación da cromatina, unha barreira de proteínas que rodea o ADN dun tumor.

Quimioterapia nun hospital de Portugal
Quimioterapia nun hospital de Portugal

E fixérono cun novo material, un clúster de tres átomos de prata, que axuda a descomprimir a cromatina. Explican os investigadores que, ao entrar no ADN, retrásase a formación da cromatina e facilítase así a acción das drogas que actúan sobre o ácido nucleico. Deste xeito comprobaron que, ao administrar o material xunto con cisplatino lográbase unha maior eficacia na acción do fármaco.

Como sinalan os coordinadores do equipo, a demostración de que se pode manipular terapeuticamente o grao de compactación da cromatina “abre un novo camiño para aumentar a eficacia da quimioterapia”. Porque fronte ao cancro, a quimioterapia é un dos tratamentos máis efectivos pero existen tumores que non responden ao tratamento, aos que se denomina "resistentes". Nestes casos, a identificación dos mecanismos de resistencia pode axudar a manipular os tumores terapeuticamente e incrementar a súa sensibilidade para, así, facerlles fronte.

"ALCANZAR O ADN"

A importancia do novos traballo está asociado ao feito de que moitos dos fármacos usados en quimioterapia actúan sobre o ADN tumoral. Os investigadores lembran que “un factor importante na resistencia da quimioterapia é que unha cantidade insuficiente de medicamento pode alcanzar o ADN”, aspecto no que a cromatina xoga un papel importante por operar como “unha barreira que limita o acceso dos fármacos ao ADN”. Neste senso, o artigo sinala como “os nanomateriais con moi baixa atomicidade merecen consideración como axentes farmacolóxicos potenciais debido ao seu tamaño a ás súas propiedades que poden axustarse con precisión con modificacións menores no seu tamaño”.

Ao tempo, os investigadores tamén demostran que estes novos materiais “son moito mais estables que o material masivo e as nanopartículas, polo que poden ser facilmente manipulados ofrecendo numerosas posibilidadesdebido a o seu pequeno tamaño”.

Ademais dos investigadores da USC, neste traballo colaboran investigadores do Instituto de Ciencia Tecnoloxía de Barclona, das universidades de Burgos, Pennsylvania e de Palermo, ademais do ICREA e do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Maribel

Es bueno poder leer este tipo de noticias y saber que la Tecnología está avanzando en beneficio de nuestra salud. Buen artículo. Muchas gracias.