Comparte esta noticia

O BDRI, o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares, con sede no Grove, volve abraiarnos con novas imaxes, desta vez submarinas, dun exemplar de balea azul alimentándose nas augas de Galicia.

Balea azul en augas de Galicia
Balea azul en augas de Galicia | Fonte: BDRI.

Os científicos do BDRI avistaron a semana pasada un exemplar xuvenil de Balaenoptera musculus á altura da costa de Cariño, ao que están facendo un seguimento. Este novo avistamento levaría a pensar que a presenza de baleas azuis en augas galegas non é algo casual e anecdótico e estarían achegándose á nosa costa para dar conta dun bo banco de alimentos que para elas é un paraíso.

De feito, os científicos están investigando a chegada de varias baleas azuis desde o outono do pasado ano fronte a Galicia. E esta é a primeira gravación submarina que se fai do animal máis grande do mundo nas nosas augas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta