Temas: CICLISMO

Morre un ciclista ao sufrir unha indisposición en Val do Dubra

Un ciclista de 62 anos faleceu na tarde deste mércores ao sufrir unha indisposición cando circulaba coa súa bicicleta polo municipio coruñés de Val do Dubra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2018 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Un ciclista de 62 anos faleceu na tarde deste mércores ao sufrir unha indisposición cando circulaba coa súa bicicleta polo municipio coruñés de Val do Dubra.

A Garda Civil cun ciclista
A Garda Civil cun ciclista | Fonte: Garda Civil

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, o suceso tivo lugar na parroquia de Rial minutos despois das 17,10 horas.

Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia sinalou que, após recibir o aviso, o persoal do 112 informou a Protección Civil, á Garda Civil, así como ao 061-Urxencias Sanitarias, que enviou ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Temas: CICLISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta