Como vivían os viquingos no século X?

"Follow the Vikings" é un espectáculo audiovisual que combina teatro, música e danza. E chega a Catoira logo de percorcorrer varios países europeos. Ao recinto das Torres do Oeste, que acolle as que serán as únicas funcións en España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/08/2018 | Actualizada ás 08:25

Comparte esta noticia

Teatro, música e danza arredor da cultura viquinga. Que ten en conta a vida e época do poeta guerreiro como fonte de inspiración. Unha representación contemporánea da súa vida. Unha narrativa do mito viquingo que salienta os aspectos importantes desta cultura. Un espectáculo que vén de visitar Dinamarca, Noruega, Polonia e Irlanda e chega a Catoira. Serán os días 2 e 3 de agosto, ás 22:30 horas, no recinto das Torres do Oeste. 

Festa vikinga en Catoira
Festa vikinga en Catoira | Fonte: Flickr

Este proxecto, segundo a organización, potenciará as economías locais e o emprego e contribuirá a crear unha rede ampla e duradeira entre os socios culturais implicados na preservación, presentación e comercialización do patrimonio viquingo. O seu director artístico, Craig Morrison, conta coa colaboración da Escola Municipal Úrsula Teatro de Catoira, así como con artistas de boa parte de Europa.

O roadshow forma parte dun proxecto do programa Europa Creativa, financiado pola Unión Europea, para facer o patrimonio viquingo transnacional accesible e visible para o público mundial, e do que o Concello de Catoira é socio.

A ROMARÍA VIKINGA

Esta edición da romaría vikinga en Catoira deu comezo o pasado sábado 28 de xullo, pero aínda quedan días para poder desfrutar das actividades que ofrecen, xa que remata o domingo 5 de xullo. Descenso en piragüa, música medieval, xogos vikingos...son algúns exemplos do que poderemos atopar indo a Catoira. Un programa cultural no que destaca o "impactante" espectáculo audiovisual "Follow the Vikings".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 GALIZA POBO NACIONAL

Foi un-ha desgraza que non se instalasen na Galiza, un reino nordico galego, un reino viquingo, como o fixeron en normandia, en Sicilia, en novgorod... o nacionalismo galego debe impulsarse tamen no racialismo, o mellor quedou algo e non soamente cultural dos pobos nórdicos na Galiza, aquí non temos fiordos pero si rias, o digo ben claro nos somos diferentes, non somos dirixidos pola sefardita do patiburrillo racial, mangaluz-mandriles, no señores celtas e suevos e romanos son a nosa base racial, o galego e diferente, incluso os xitanos galegos son diferentes dos expañois...

1 Volvo

Estaban algo anticuados. Pero vivían sen complexos. Unha cousa por outra.