Catro persoas rescatadas tras o incendio dunha embarcación fronte a San Vicente do Mar, no Grove

Catro persoas foron rescatadas tras o incendio dunha embarcación en augas do Grove, fronte a Pedras Negras en San Vicente do Mar, segundo informaron fontes do servizo de emerxencias do 112 Galicia e Salvamento Marítimo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2018 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Catro persoas foron rescatadas tras o incendio dunha embarcación en augas do Grove, fronte a Pedras Negras en San Vicente do Mar, segundo informaron fontes do servizo de emerxencias do 112 Galicia e Salvamento Marítimo.

San Vicente do Mar, O Grove
San Vicente do Mar, O Grove

A alerta do incendio nunha embarcación de pequenas dimensións recibiuse no 112 ao redor das 13,00 horas, e comunicouse de inmediato a Salvamento Marítimo, aos servizos de Bombeiros, a Urxencias Sanitarias do 061 e a Protección Civil.

Segundo informou Salvamento Marítimo, desde o centro de coordinación de Fisterra se mobilizou á Salvamar Sargadelos e á Pesca I de Gardacostas, aínda que non foi necesaria a intervención desta última.

Tamén se desprazou até o lugar a patrulla Río Xallas da Garda Civil. Efectivos da patrulleira extinguiron o incendio a bordo da embarcación, que foi posteriormente remolcada até Pedras Negras, onde proseguiron as tarefas de extinción os bombeiros do Grove.

Os catro tripulantes da embarcación, segundo precisou Salvamento Marítimo, foron rescatados por unha embarcación de emerxencias do Grove, ás 13,18 horas, sen que precisasen atención sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta