A "mesa da confluencia" dá por feito que a dirección de En Marea non se sumará

Antón Sánchez (Anova) afirma que a "mesa da confluencia" non pretende converterse en "ningún órgano decisorio" do espazo político.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2018 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

As partes do espazo político de En Marea que o pasado martes 31 de xullo sentaron por primeira vez para constituír a chamada "mesa da confluencia" dan por feito que a dirección do partido instrumental que encabeza Luís Villares non se sumará a un órgano que nace con vocación de relanzar o proxecto rupturista.

Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino. EUROPA PRESS - Archivo
Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

A pesar de que no documento aprobado na primeira reunión da mesa --con presenza de representantes de Anova, EU, Podemos e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña-- ábrese a porta a "novas incorporacións", fontes consultadas por Europa Press descartan un cambio de opinión na postura da dirección orgánica de En Marea, que no seu encontro con Compostela Aberta (celebrado a pasada fin de semana) xa trasladaron que non participarán nun espazo que tachan de "mesa de notables". O documento resalta a necesidade de fomentar o "diálogo" entre as partes que conforman o universo de En Marea co obxectivo de que aquelas sensibilidades que se distanciaron do funcionamento do partido instrumental se "corresponsabilicen na construción dun espazo político galego en común".

Así, tanto Podemos Galicia como Esquerda Unida sinalaron en diferentes ocasións que están en contra do modelo de partido instrumental. Con todo, fontes presentes na reunión do pasado martes sinalaron que "ninguén cuestionou" o modelo formal que ten En Marea na actualidade, aínda que remarcan que é preciso reverter a situación actual, xa que entenden que a organización se converteu nun "partido vertical". "A articulación orgánica do espazo non pode traducirse na construción dun partido vertical de corte clásico, é preciso fórmulas innovadoras e horizontais", reza o último punto do documento aprobado na reunión constitutiva da mesa.

O MUNICIPALISMO: O MODELO

A "mesa da confluencia" subliña a "defensa do municipalismo e das candidaturas da unidade popular xa asentadas", á vez que reivindica que a configuración das mareas municipalistas conforma "un exemplo" de como pode articularse "a confluencia". Así as cousas, chaman a "recuperar a pluralidade da confluencia" sen caer na "uniformidade". "Unidade non significa uniformidade, non son sinónimos, a pluralidade interna enriquece e volve máis forte un proxecto político que ten vocación de ser hexemónico", recolle o documento aprobado.

ANTÓN SÁNCHEZ

O deputado de En Marea e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, tamén se referiu este xoves aos primeiros pasos da "mesa da confluencia" que, para Sánchez, nace coa vontade de crear "canles de diálogo" e non para "converterse en ningún órgano decisorio" á marxe da organización de En Marea. Este é precisamente un dos argumentos que esgrime a dirección para non sumarse á proposta de Compostela Aberta, xa que entenden que En Marea conta con "canles" nos que se pode exercer o "diálogo" ao que apela a proposición da marea santiaguesa. Para Sánchez, o "diálogo" e a "cooperación" é o camiño para "solucionar as cousas en positivo", á vez que reivindicou que o "proceso" aberto "non vai contra ninguén" e que o modelo de "unha persona, un voto" non se cuestiona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 comunista dependentista

Anova Irmandade Nacionalista cando é unha vella organización cainita de obediencia madrileña, e agora moi acaído que ao novo espazo lle chamen "de confluencia" cando é de rutura da boa. Como cando lle chaman plenario ao baleirario ou rebeldes a "es que la ley no me deja". Baróns, marqueses e liberadiños que van protagonizar unha liorta aínda mais gorda agora co batacazo nas enquisas e a previsible perda de moitos postiños

1 Bernal Calvo Delaciga

Para "obediencia madrileña" a do BNG, que aínda lle debe moitos cartos e favores á banca espaÑola, daí a súa liña política radicalmente anti-mareas e subalterna a PPCiudadanosPSOE. Non é casual a recuada neorrexionalista da Poltrona & cía. http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Salchichocha

Deixa que a UPG se renove, deixa. Vas a voltar a ter pelo e salû para peitealo

2 Xerxio

Flipo no que se converteu Anova...

1 ANTI GROUCHO MARXIANOS

cúpula infecta, aristocracia dexenerada, cenacula da traizon e grupo vil de unidade de expaña, estanse a rir dos parvos que os votaron COMUNISTEIROS, como os pasachedes, como desenfrenades que non falta nada desde deputadas gamberras, falsos inxenieiros, pederastas e machistas confesos, amen dos nugalleiros e xentes variopintas pillando cacho, incluso teñen por ahí algún morto de fame e algún-ha bruxa antivacinas... GALIZA NECESITA UNHA MAREA PERO QUE OS LEVE A TODOS... LEVAIDEOS E QUE NON VOLTE NUNCA!!!! EXPAÑOLENTOS!!! xa veredes o que vai vir sinvergonzas e atoleados, O PODREIROS ESTA PERDENDO XA MAIS DE 10 PUNTOS e ainda non se valorou o caserio de Waldo das JONS... VENOM SI MAREA NUNCA - https://www.youtube.com/watch?v=eEC...