Temas: ARBO ACCIDENTE

Falece un condutor en Arbo ao saírse o seu coche da vía e precipitarse desde cinco metros de altura

O outro ocupante do vehículo, de 47 anos, resultou ferido e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2018 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Un condutor, de 69 anos, faleceu e outro ocupante do vehículo, de 47, resultou ferido nun accidente ocorrido na noite deste sábado no concello pontevedrés de Arbo, no que o coche no que viaxaban sufriu unha saída de vía e acabou precipitándose a unha leira situada a cinco metros de altura.

Arbo
Arbo

Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias do 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 23,30 horas, na zona do Escampado, en Cabeiras. Até o lugar, a Central de Coordinación das 061 Urxencias Sanitarias de Galicia trasladou a unha ambulancia asistencial, unha ambulancia medicalizada do 061 e persoal sanitario da PAC da Cañiza.

O 112 solicitou tamén a colaboracion dos Bombeiros de Ponteareas, aínda que cando chegaron ao lugar do accidente a vítima estaba fóra do vehículo e o equipo médico xa se atopaba realizando prácticas de reanimación.

Con todo, a pesar dos esforzos do equipo sanitario, nada se puido facer por salvar a vida do condutor, un home de 69 anos, A.G.A., que faleceu no lugar do sinistro. A outra persona que resultou ferida no accidente, F.P.L., de 47 anos, foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Temas: ARBO ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta