Evacúan ao condutor dun turismo que chocou contra un camión en Sobrado

O camioneiro solicitou axuda ao 112, pedindo así asistencia médica para o automobilista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2018 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O condutor dun turismo tivo que ser liberado do vehículo no que viaxaba despois de chocar contra un camión na madrugada deste domigo en Sobrado, na provincia da Coruña, na DP-8001, ao paso pola parroquia de Grixalba.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

O propio camioneiro solicitou axuda ao 112 ás 1,30 horas da madrugada, pedindo asistencia médica para o automobilista. Deste xeito, desde o servizo de emerxencias, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios e os equipos de salvamento e rescate, que liberaron á persoa e facilitaron a súa evacuación ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia informou que mobilizou aos membros do GES de Curtis, que, xunto cos Bombeiros de Arzúa, liberaron ao condutor que quedara atrapado.

COLISIÓN FRONTAL EN CERVO

Por outra banda, en Cervo, na provincia de Lugo, produciuse unha colisión frontal entre dous turismos que obrigou a intervir aos Bombeiros de Viveiro para colaborar cos profesionais das 061-Urxencias Sanitarias na atención dunha muller, que tiña dificultades para saír dun dos vehículos accidentados.

Segundo explicaron os servizos de emerxencias, a muller estaba consciente pero sufría unha forte dor de costas, polo que, unha vez fora do coche, foi trasladada ao centro hospitalario.

A alerta do accidente produciuse ao 112 ás 22,30 horas do sábado a través dos servizos sanitarios de urxencia. Desde o Centro Integardo de Atención ás Emerxencias comunicouse o aviso aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Viveiro e membros do GES de Cervo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta