A Xunta gasta case un millón de euros da UE en propaganda nos medios

Facenda destina 1,2 millóns para a realización de campañas de "promoción dos servizos públicos galegos durante o 2018". Tamén Turismo gastará case gastará 900.000 euros para a campaña de promoción turística de Galicia como destino gastronómico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2018 | Actualizada ás 22:19

Comparte esta noticia

A Xunta segue utilizando o diñeiro público para encher as contas dos grandes medios de comunicación. Pero, desta volta o diñeiro xa non é só dos galegos, senón de todos os europeos. E o certo é que a Consellería de Facenda gastará case 1,2 millóns de euros (con IVE) en dúas campañas financiadas case na súa totalidade con fondos da UE.

Trátase de dúas campañas de "promoción dos servizos públicos galegos". Unha do Programa Operativo FEDER "Unha maneira de facer Europa", financiada a cargo deste programa Galicia 2014-2010 nun 80% e a outra do Programa Operativo Fondo Social Europeo (FSE) "inviste no teu futuro", tamén financiada nun 80% a cargo do FES de Galicia 2014-2020. O outro 20% será aportado con fondos públicos galegos.

O obxectivo destas campañas financiadas por Europa é "poñer en valor o catálogo de servizos públicos existentens" en Galicai e "sensibilizar á sociedade sobre a súa labor". Tamén informar sobre os programas FEDER e FSE para "sensibilizar á sociedade sobre os benefricios destes recursos e dos investimentos que están a financiar". Pero a xunta aproveita a partida tamén para impulsar outra campaña para "sensibilizar á cidadanía" sobre a Axencia Tributaria de Galicia.

A Xunta defende este tipo de campañas propagandísticas porque asegura que estas "accións de difusión" permiten trasladarlle aos galegos "os avances, resultados e beneficios que se van producindo no perído de execución dos programas operativos FEDER e FSE, así como a actividade desenvolvida coa axuda dos fondos da UE en Galicia".

Deste xeito, realizará catro ondadas publicitarias só para os grandes medios galegos. A maior parte deses cartos, entre un 40 e un 55% irá para os medios en papel, e entre un 20 e un 35% para as edicións dixitais dos mesmos medios con edicion impresa. Deste xeito, os xornais tradicionais poderán levar case o 80% do importe total desta campaña financiada con fondos europeos.

Outro millón de Turismo

Por outra banda, Turismo de Galicia tamén gastará este agosto 900.000 euros da partida de plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2018. Unha partida que este 2018 foi de 8,2 millóns de euros con IVE.

Unha cantidade que aumentou en dous millóns con respecto ao 2017 e que será xestionada por 11 empresas publicitarias diferentes que serán as que contratarán as campañas nos medios de comunicación, especialmente, nos medios preferentes do Goberno galego.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ascórbico

Como siempre gastando el dinero del pueblo en los menos necesario. Deben aprovechar ese dinero en mejorar el funcionamiento de la ciudad. https://acidos.info/ascorbico/