Temas: RISGA XUNTA

O Foro Galego de Inmigración apela a facer da RISGA "un verdadeiro dereito"

"Non houbo información e emprégase o caloroso e case inhabil mes de agosto para furtar este debate á cidadanía e ás organización sociais galegas", lamenta o Foro Galego de Inmigración, que presentará á Xunta un conxunto de propostas respaldadas por Esquerda Unida, o BNG, Compostela Aberta, En Marea e a CUT.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/08/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Foro Galego de Inmigración denuncia que a Xunta de Galicia vén de públicar no DOG do 3 de agosto o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda e das axudas, establecendo un prazo de 15 días hábiles para presentar proposicións, suxestións e recomendacións.

Inmigración, inmigrantes, inmigrante andando, pobreza, pobre
Inmigración, inmigrantes, inmigrante andando, pobreza, pobre

Esta denuncia derívase da ausencia de comunicación da Xunta co Foro e con outras 18 organizacións asinandes do acordo colectivo a este respecto. Neste documento establecíase que o proxecto sería explicado ao conxunto de entidades sociais de Galicia - alomenos ás que presentaron alegacións á proposta inicial da Xunta - antes de ser publicado no DOG para que puidese establecerse un debate amplo sobre o tema. "Lamentablemente non houbo información e emprégase o caloroso e case inhabil mes de agosto para furtar este debate á  cidadanía e ás organización sociais galegas", critica a entidade.

Como resposta, o Foro presentará as propostas do acordo, que esixen unha RISGA garantida e informada, entendida como dereito cidadá e non como subsidio condicionado, suficiente e digna, accesible e eficaz, sostible, individualizada e respectuosa. Estas reivindicacións veñen respaldadas por varias organizacións e por partidos políticos como Esquerda Unida, BNG, Compostela Aberta, En Marea e a CUT. Buscan, así, abrir ese debate público que tiñan previsto e que a Xunta "pretende evitar de forma tan lamentable", indican. Os obxectivos polos que loitan son a reformulación do proxecto e que as organizacións e colectivos asinantes poidan participar activamente e con carácter vinculante nese proceso. 

Temas: RISGA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta