Román Rodríguez cualifica de "atentado cultural" as pintadas nunha imaxe da Catedral de Santiago

O conselleiro de Cultura explicou tamén que a sanción pode chegar aos 150.00 euros. Revisan cámaras para atopar ao autor, que se expón a unha multa de até 150.000 euros, despois de pintar uns bigotes a emulación do grupo Kiss.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2018 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

Unha escultura do século XII da fachada románica de Praterías da Catedral de Santiago de Compostela sufriu este luns un acto vandálico cunha pintada coa palabra Kiss escrita en azul e uns bigotes a emulación dun dos membros deste grupo de rock. O autor exponse a unha sanción ao redor de 6.000 e 150.000 euros, xa que se contempla como "unha infracción grave" na lei de patrimonio cultural, segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Figura da Catedral de Santiago pintada após un acto vandálico
Figura da Catedral de Santiago pintada após un acto vandálico | Fonte: Europa Press

Así, o conselleiro cualificou este luns o acto como un "auténtico atentado cultural", de forma que ao autor aplicaráselle "coa maior contundencia posible" a lei. Así mesmo, o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, informou fronte á pintada de que os técnicos restaurarán a peza esta tarde. Pola súa banda, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, resaltou que "fronte a este tipo de actuacións" a administración é "intolerante", porque afectan o patrimonio, "a razón de ser da cidade". Tamén, mandou unha mensaxe á cidadanía para pedir "civismo" e "respecto" ao patrimonio.

RESTAURACIÓN

A súa repercusión sobre a peza non será "tan grave", xa que se espera que se poida limpar sen danos para a escultura, e o custo da súa restauración "non será elevado", debido a que usarán máquinas de raios láser que teñen á súa disposición grazas á restauración que se fixo do Pórtico da Gloria, segundo apuntou Lorenzo.

Aínda que este acto é "absolutamente reversible", o consellerio insistiu que "é importante" que "o conxunto de sociedade asuma a conciencia da preservación do patrimonio cultural", "non só como unha fonte de identidade e cultura, senón tamén como unha fonte importantísima de recursos económicos". Esta figura de máis de 800 anos data da época na que o arcebispo Xelmírez estaba á fronte da diocese en Santiago. Está situada nunha columna de mármore e Daniel Lorenzo defínea como "moi relevante". Ao formar parte dun conxunto patrimonial histórico, Lorenzo sinala que é "imposible de valorar", con todo agarda que se restaure "sen demasiados problemas".

INVESTIGACIÓN

Agora as forzas e corpos de seguridade, tanto Policía Nacional como Policía Local, traballan na investigación e están a estudar as imaxes das cámaras municipais e da Catedral da zona afectada, segundo explicou o conselleiro. E é que ao longo do mes de xullo e agosto está activado un dispositivo especial de colaboración entre a Policía Nacional e a Local. Ademais, houbo un aumento da presenza de patrullas no caso histórico, aínda que "é imposible asegurar un control absoluto", segundo sinalou Noriega. Todo iso, mentres a Catedral de Santiago acumula anos de diversas obras de restauración. Recentemente retiráronse as estadas da fachada da Praza do Obradoiro e abríronse ao público de novo as visitas ao Pórtico da Gloria.

COLABORACIÓN CIDADÁ

A Policía Nacional pediu colaboración cidadá este luns para localizar ao autor do acto vandálico realizado nunha escultura da Catedral de Santiago. A través das redes sociais, a Policía apela a que aqueles que saiban algo chamen ao 091, á vez que lembra que estas pintadas "son delito" ademais de "unha falta absoluta de respecto ou civismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 pais de crime impune

ataque criminal o patrimonio dos galegos, é o que esta pasando, como xa foi aquel outro do roubo do libro santo do calixtino por parte do persoal do catedralicio, onde por certo despois faltaban cantidades inxentes de cartos das esmolas do turisteo... puntualizar primeiro que non somos os ateos Welcome to the #1 issue of the brand new AAI newsletter! We share news of our campaigns to help atheists, anywhere in the world, right to your inbox. To tell us what you think, or to share news from where you are, email me. Polo tanto teñen que buscar noutros lados da anticultura coma o xefe do pepeiro dos masters falsificados de aprobar 14 asignaturas nun par de meses o a outra, ¿saben si a deputada “gamberra” do podreiros ten coartada para a noite dos autos? Seguramente si pois xa saiu o alcalde a falar … despois de 2 días… -video os roubos - https://www.youtube.com/watch?v=-hp...

1 Gamela

O atentado cultural é o que perpetra a Consellería de Educación pechando 49 Unidades no curso que vén... E masificando aulas das que sen dúbida saen os autores das pintadas !!!