Temas: RISGA EN MAREA

En Marea cualifica a RISGA "de miseria" e "totalmente insuficiente e ineficaz"

O partido instrumental expón dotar de maior cobertura ás persoas en risco de exclusión e a aquelas que padecen "precaridade laboral".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2018 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

En Marea presentou a súa proposta para reformular o actual sistema da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), que cre "de miseria" e que "catro anos despois da súa entrada en vigor maniféstase totalmente insuficiente e ineficaz". O partido instrumental entende que os actuais mecanismos de cobertura para persoas en risco de exclusión non atenden a "unha nova realidade de pobreza" marcada pola "altísima precaridade laboral e o crecemento da desigualdade", polo que levará á Cámara galega unha proposición para configurar "un verdadeiro sistema de rendas mínimas" en Galicia.

A deputada de En Marea Paula Vázquez Verao. EN MAREA
A deputada de En Marea Paula Vázquez Verao. EN MAREA | Fonte: Europa Press

A proposta foi presentada este martes pola deputada de En Marea Paula Vázquez Verao, que debullou o proxecto de lei. Este inclúe concretar unha "prestación garantida de dereito subxectivo, vinculada á carencia de rendas para conseguir a promoción da persona e a súa empoderamiento, superando as condicións que a levaron a necesitar a prestación". Así, En Marea expón que o dereito a percibir a prestación inclúa, ademais da as persona en situación de exclusión, ás "unidades de convivencia empobrecida", é dicir, aqueles fogares cuxo nivel de ingresos "non alcance o 60 por cento da renda media dispoñible familiar".

O partido instrumental destaca a necesidade de acabar coas incompatibilidades da Risga á hora de percibir outro tipo de prestacións de cobertura social. Para iso, establece un sistema de "renda mínima garantida" dividida en "dúas grandes modalidades": por unha banda, unha prestación para persoas en situación de necesidade e, por outro, unha axuda que actúe como "complemento de activación e inserción laboral", que iría ligada a un "compromiso" por parte do beneficiario de seguir "un plan de inclusión social". Verao censurou a "caída" nas partidas destinadas á inclusión social nos orzamentos da Xunta, á que acusou de "renunciar a exercer a súa capacidade de redistribución da riqueza" a través de "un recorte acumulado que se pode cuantificar en 2.275 millóns de euros".

"Un sistema ben deseñado de rendas mínimas, que debe ocupar ao redor dun 2 por cento do PIB no investimento público ten efectos positivos na elevación dos salarios", remarcou a deputada, que recoñece que os recursos económicos que deberían destinarse a financiar o sistema que propón En Marea serían "inxentes", aínda que, segundo Verao, supón a mesma cantidade que dedica a Xunta a pagar "os intereses de débeda: 1.200 millóns de euros".

ACTUAL SISTEMA

Para Paula Vázquez Verao, o actual sistema da Risga "non é máis que un parche" porque presta unha "cobertura ínfima" que, ademais, está lastrado pola "descoordinación interadministrativa" e a "excesiva burocracia" para acceder ás axudas. Así, resaltou que no seu catro anos de vida a Risga "só cubriu ao 2 por cento da poboación en risco de pobreza" e deixou "fóra" ao colectivo de migrantes en situación de irregularidade.

Temas: RISGA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 GranKan

Pois xa saben. A partillar unha parte do seu salario; aínda quedando con 3000 euros poden manter 6 risgas. E en que país do mundo se cobre un inmigrante irregular que nin siquera sabes que existe? Ofrece 500 euros por non facer nada e en 20 anos medio África está aquí. Primeiro hai que deixar de fritir a impostos á xente daquí, que os nenos galegos teñan o que teñen que ter independentemente do que ganen os pais e despois se queda algo que repartan os caramelos. O que non pode ser é que non haxa gardería para unha familia galega e que haxa 400 euros para un irregular. Isto é de esquerdas o resto son bobadas de quen perdeu o norte.

1 Cirigaio

Cariño, as esquerdas non teñen patria (nin España, nin Galiza), o dos privilexios por nacencia é dereita pura e dura (cando non ultradereita, por moito que non te enteres!). Volta a gardería e que che expliquen o de repartir e compartir.

2 roncalle

O requisito para acceder á prestación sería o empadroamento ou residencia efectiva, paspán, non "os que non sabes que existen". A proposta é redistribuír riqueza, non quitarlle aos "daquí", senón aos ricachos. Que non haxa gardería reclámello ao PP.