Temas: CIG

A CIG esixe depurar responsabilidades tras a morte dun traballador portuario na Coruña

O operario morreu no porto da Coruña este luns ao caerlle encima uns ferros de grandes dimensións.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/08/2018 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Nun comunicado, a central  sindical avanza que comparecerá como acusación particular no xulgado e que presentará denuncia ante a Inspección de Traballo por considerar que hai "falta de seguridade derivada da precarización da estiba e desestiba".

Porto da Coruña
Porto da Coruña

Explica que a morte tivo lugar "no almacén que as compañías Laxe Marítima, á que pertencía o falecido, e Terminais Marítimos de Galicia teñen o peirao de Calvo Sotelo debido á caída dunha pesada carga que manipulaba".

A central asegura que o obreiro tiña "experiencia", pero denuncia "un alto nivel de precarización" no porto da Coruña. Por todo iso, esixen que se depuren responsabilidades "e tómense as medidas oportunas" para garantir a seguridade.

Temas: CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta