Temas: CIG 061 FOLGA

A CIG ve como "medida de presión" que a dirección do 061 suspendese as reunións co persoal de Santiago

O servizo de Santiago está en folga indefinida desde a pasada semana en protesta polo seu traslado á Estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2018 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A central nacionalista considera a suspensión dos encontros como "un intento máis da Xunta de boicotear as mobilizacións", segundo apunta nun comunicado no que alerta que a medida "supón deixar sen interlocución sindical aos traballadores de helicópteros, que non participan da folga porque o seu centro de traballo non vai ser trasladado".

Protesta da 061 fronte ao Sergas
Protesta da 061 fronte ao Sergas | Fonte: Europa Press

Así as cousas, censuran a decisión da dirección do 061, á que acusan de carecer de "talante negociador" e de "estar máis preocupada de boicotear a folga que de chegar a un acordo" para desbloquear o conflito.

A CIG apunta que a suspensión das reunións só afecta a área de Santiago e non se estende ao resto de centros do 061, algo que para o comité de folga constata "que se trata dunha medida de presión" contra as mobilizacións.

Temas: CIG 061 FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta