Temas: INDUSTRIA

A produción industrial galega volve a terreo negativo en xuño

Esta baixada é máis acusada que a da media española (-2%).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A produción industrial galega volve a terreo negativo en xuño após oito meses de subidas interanuais consecutivas, cun descenso do 3%, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Produción industrial galega
Produción industrial galega | Fonte: Europa Press

Esta baixada é máis acusada que a da media española (-2%). A Comunidade galega ese a oitava cun maior descenso respecto ao mesmo mes de 2017, con Baleares (-9,9%) coas peores cifras. No outro extremo, está o aumento de Cantabria (+5,8%).

Con todo, na media do que vai de ano --entre xaneiro e xuño-- a produción industrial en Galicia conta cunha alza do 8%, segundo maior aumento, só por detrás do 9% de Cantabria. De feito, o incremento galego está máis de seis puntos por encima da media española (+1,8%).

Desde outubro de 2017, a produción industrial na Comunidade ascendera a un ritmo anual do 4,4%, 2,7%, 8,4%, 4,9%, 13,5%, 6,5%, 21,7% --en abril produciuse o maior aumento da serie histórica en Galicia-- e o 7,9% de maio.

Temas: INDUSTRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta