Préstamos rápidos en liña: como afrontar a volta ao cole

Pouco queda para que remate o verán e de volta á rutina, á actividade. E encarar con tranquilidade a nova tempada escolar é un dos retos das familias galegas. Así, cada vez son máis os que se deciden a acudir aos préstamos rápidos en liña para resolver esta situación puntual.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Aínda que estamos en pleno agosto, o tempo avanza máis rápido do que pensamos. Nunhas semanas volveremos á actividade e haberá que afrontar novas situacións como a volta ao colexio, que leva asociados unha serie de gastos, moitas veces difíciles de aforntar.  Se non se dispoñen de aforros, a situación pódese complicar. É o momento de buscar fontes de financiamento alternativas como os préstamos rápidos online, unha "forma sinxela de saír do apuro" que gañou popularidade durante a crise económica.

Estudante no colexio
Estudante no colexio | Fonte: Cedida

COMO SOLICITALOS?

O primeiro é localizar unha web de préstamo de confianza e especificar dous conceptos básicos: a cantidade que se necesita e o prazo de tempo en que se vai a devolver. Polo xeral, as entidades de préstamo poñen un tope máximo para os clientes novos duns 300 euros. Se o solicitante reembolsa o diñeiro na data acordada, pódense solicitar despois préstamos máis altos. En canto aos prazos de devolución, o máximo sitúase en torno os 30 días, pero pódense negociar períodos máis dilatados. Aínda que cómpre ter presente que, a maior prazo, máis intereses. Por iso interesa liquidar o préstamo canto antes. A maioría de solicitantes establece como día de reembolso a data posterior ao cobro da nómina.

Ao introducir a cantidade e o día de retorno do préstamo, o sistema ofrecerá un resultado exacto do diñeiro que se deberá devolver, incluídos os intereses. Despois, haberá que encher un formulario cos datos persoais e o número de conta. Tamén é necesario anotar os ingresos familiares, pero non fan falta nóminas nin xustificantes.

A avaliación dos candidatos é automática. Se o sistema non detecta ningún impedimento, o pago será practicamente instantáneo. Os responsables das empresas de crédito e as asociacións de consumidores recomendan unha actitude responsable á hora de solicitar un  préstamo persoal: se unha persoa non ten capacidade económica para devolver a axuda, é mellor que se absteña de solicitala.

O ORZAMENTO

O orzamento varía en función do centro escolar e do tipo de estudos, pero en canto á educación primaria é o mesmo.

Libros e materiais

Segundo as previsións das asociacións de consumidores, as familias gastarán unha media de 400 euros por neno en libros, materiais de papelería, mochila... Aínda que moitas veces o orzamento redúcese, xa que moitas escolas promoven reaproveitar os textos. 

Roupa e uniformes

Doutra banda, nalgúns centros de ensino é obrigatorio o uso de uniforme. O rango de prezos é amplo e pode ir desde os 130 euros ata os 200 en función do centro. Logo habería que engadir o calzado, que podería roldar os 50 euros. E aínda nos centros públicos, que non esixen uniforme, haberá que comprar algunha peza de roupa e pezas para deporte. O que pode engrosar o orzamento polo menos 150 euros. 

Matrículas

En canto ás matrículas, o abanico de  prezos pode ser moi amplo. Os centros públicos non pagan matrícula e nos privados e concertados a cifra varía. Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios, a matrícula nun centro privado costa de media uns 700 euros, mentres que nun concertado non chega aos 170. A isto haberá que engadir as mensualidades: as cotas nun colexio privado poden roldar os 400 euros e nun concertado sitúanse ao redor dos 130.

Pero os gastos iniciais son só o punto de partida, a ese orzamento hai que engadir despois conceptos como as cotas do AMPA (asociacións de pais), as actividades extraescolares, o comedor e o transporte. Se facemos un cómputo xeral, o resultado é avultado e varía moito en función do centro.  Nunha escola pública, o gasto mínimo por neno na educación obrigatoria sería duns 850 euros, aínda que a media achégase aos 1.200. No caso das escolas concertadas, o orzamento ascende aos 1.800 euros anuais e se falamos de colexios privados a cifra dispárase ata os 4.000  de media.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta