Cursos de catas de viño para achegarse á cultura da uva con goce e sinxeleza

Dirixidos a profesionais e afeccionados, están programados para os meses de setembro a decembro de 2018 e de febreiro a maio de 2019 e impartiranse nas sedes Afundación de Pontevedra, Ourense, Ferrol, Lugo, Santiago, Vigo e A Coruña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/08/2018 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Un novo programa de cursos de cata de viños vén de ser convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viño. Desta vez estará coodinado polo catador e director deste instituto, Xoán Cannas. A proposta ofrece catro modalidades: unha certificación de nivel básico, dirixida a amantes e afeccionados da cultura vitivinícola que busquen un primeiro achegamento ao mundo do viño, e tres de nivel avanzado para profesionais do sector.

Viños tintos galegos Tintos galegos
Viños tintos galegos Tintos galegos

Os cursos iniciaranse o próximo mes de setembro e finalizarán en maio de 2019 nas sedes Afundación de Pontevedra, Ourense, Ferrol, Lugo, Santiago, Vigo e A Coruña. As inscricións poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com, a través do teléfono 902 504 500 e nos despachos de billetes das sedes da Obra Social de ABANCA.

O obxectivo deste programa é achegar aos amantes do viño aos conceptos necesarios para a súa interpretación e goce, ademais de desenvolver as súas capacidades de cata. En palabras de Xoán Cannas, "estes certificados son a mellor maneira de que afeccionados e profesionais poidan achegarse á cultura do viño de forma sinxela, gozando e aprendendo ao mesmo tempo".

No nivel I, os participantes aproximaranse ao sector vitivinícola a través de dez conceptos elementais que todo amante do viño debe coñecer. Así, nunha primeira achega teórica estudarán as variedades de uva, os climas, os chans, as diferentes formas de cultivar e elaborar o viño, o traballo en adega, a maridaxe ou o mercado e as novas tendencias, para ampliar a súa cultura vitivinícola e desenvolver a memoria sensorial e aplicalo posteriormente ao coñecemento práctico, a través de catas, dos viños elaborados en Galicia.

No nivel II, ao que poderán acceder os afeccionados e profesionais que cursasen o nivel básico ou teñan formación previa neste campo, os participantes estudarán, xa en profundidade, as técnicas de viticultura e enoloxía, iniciaranse na xeografía vitivinícola da península ibérica e desenvolverán as habilidades de cata, con viños das diferentes zonas de España e Portugal.

O nivel III impartirase en Santiago, A Coruña e Vigo e está dirixido a afeccionados e profesionais que obtivesen a certificación de nivel II ou acrediten os seus coñecementos mediante un título equivalente ou experiencia profesional no sector. Os participantes profundarán no coñecemento da cultura do viño e desenvolverán as súas habilidades de cata a través da análise de variedades de uva internacionais, os métodos de elaboración e o inicio á xeografía vitivinícola coñecendo as zonas europeas máis emblemáticas: Francia, Italia e Alemaña. Este ano incorpórase un novo curso, o nivel avanzado IV, que se ofertará en Vigo e Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta