Falecido un home de 41 anos nun accidente de madrugada en Verín (Ourense)

Un home de 41 anos faleceu tras a saída de vía do vehículo no que viaxaba, na localidade de Verín (Ourense), nun accidente ocorrido na madrugada deste xoves, no que tamén resultou ferido un home de 26 anos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2018 | Actualizada ás 10:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 41 anos faleceu tras a saída de vía do vehículo no que viaxaba, na localidade de Verín (Ourense), nun accidente ocorrido na madrugada deste xoves, no que tamén resultou ferido un home de 26 anos.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 03,30 horas da madrugada, cando un particular alertou dunha saída de vía na N-532, á altura de Mourazos.

Na chamada, informábase que o condutor saíra do interior do vehículo polos seus propios medios pero que poderían ser necesarios os medios de excarceración para liberar ao outro ocupante do automóbil.

Así, con estes datos, desde o CIAE informouse da situación ás 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Verín e á Garda Civil de Tráfico.

Até o lugar do accidente, a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia enviou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario da PAC de Verín. Foron atendidos o home de 41 anos, J.E.P., falecido no punto, e un home de 26, A.L.A., dado de alta no punto.

Nada máis chegar ao lugar, os Bombeiros confirmaron que non foi necesaria a excarceración, posto que os dous ocupantes, un deles falecido e o outro ferido, estaban fóra do turismo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta