PSdeG aplaude ao Goberno pola busca de solucións ao problema creado por "o PP" coa recadación do IVE

Gonzalo Caballero criticou o cinismo do presidente da Xunta, quen recoñeceu diante da ministra de Hacienda que o sucedido é polos cambios impulsados polo PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2018 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Nun comunicado remitido aos medios, o líder dos socialistas galegos criticou o exercicio de "cinismo" realizado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que tivo que recoñecer ante a ministra de Facenda que a situación actual é consecuencia dos cambios normativos impulsados polo PP.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Fronte a esta actitude, destacou que na xornada deste xoves púxose de manifesto o "compromiso" do Goberno que encabeza Pedro Sánchez coa "mellora do financiamento" das autonomías. "Hoxe a ministra mostrou a súa vontade de explorar unha solución dialogada e multilateral que permita reverter o efecto negativo" que ten sobre as arcas autonómicas "o cambio na xestión do IVE que aprobou o anterior goberno", sinalou Caballero.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos volveu a pedir a Feijóo "lealdade institucional" cun goberno que "está a achegar solucións ao problema xerados polo PP" na anterior etapa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta