Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/08/2018 | Actualizada ás 20:25
O portavoz de En Marea, Luís Villares, colabora na campaña da organización Galicia Mellor Sen Touradas para acabar con esta práctica de tortura e asasinato de animais no noso país.
Nun vídeo dun minuto, Villares denuncia que "as touradas son un espectáculo bochornoso no que uns desalmados gozan vendo sufrir e morrer os animais". E recorda que "a cultura galega non é a cultura do maltrato animal".
Villares tamén censura a "complicidade" dalgunhas administración públicas que promoven esta práctica violenta, como o Concello de Pontevedra, onde se dá o paradoxo de que gobernando o BNG —partido que oficialmente está contra as touradas—, o seu alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mantén a tortura e asasinato de touros como espectáculo e reclamo turístico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.