Rescatadas ilesas corenta persoas que navegaban nunha embarcación que encallou en Noia

Ningunha persoa necesitou asistencia médica nin tampouco se produciu vertido de ningún tipo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Corenta persoas foron evacuadas ilesas despois de que o barco no que navegaban, similar a un veleiro antigo, encallase na ría de Noia, nas proximidades da praia de Broña, na tarde deste xoves. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa necesitou asistencia médica nin tampouco se produciu vertido de ningún tipo. En total foron corenta as persoas evacuadas, dez polos socorristas da praia de Broña, en Outes, e trinta pola embarcación da confraría de pescadores.

Barco pesqueiro na ría de Vigo
Barco pesqueiro na ría de Vigo | Fonte: viajares.es

Protección Civil de Noia precisou que se trataba dun veleiro antigo que quedou encallado na area coa baixamar, pero que puido volver navegar en canto se elevou de novo o nivel da auga. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 19,40 horas da tarde a través da chamada dos socorristas da praia de Broña, que informaban da evacuación realizada. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta