A Xunta págalle 250.000 € aos medios para que digan que Galicia “é o mellor lugar para vivir e formar unha familia”

Desde o 2013 o goberno de Feijóo leva investidos máis de tres millóns de euros en propaganda nos medios para “dar a coñecer ó conxunto de medidas de apoio á natalidade e á familia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/08/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

“A Xunta de Galicia aspira a converter a Galicia no mellor lugar para vivir e formar unha familia, no mellor lugar para ter fillos ou fillas pero, e sobre todo, no mellor lugar posible para ser neno ou nena”. Este é o principal obxectivo do Programa de apoio á natalidade (PAN) que o goberno galego aprobou o 17 de decembro de 2015.

E, desde entón, a Xunta destina inxentes cantidades de diñeiro para fomentar a natalidade a través da publicidade nos medios baixo o argumento de que o PAN non é “unha acción illada”, senón un “programa amplo, específico e responsable”. “O PAN non resolverá o problema demográfico de Galicia de xeito inmediato, pero si sentará as bases para que, a medio e longo prazo, academos mellores saldos vexetativos”, destaca a Consellería de Política Social no documento.

Viñeta de Hermanager sobre a natalidade
Viñeta de Hermanager sobre a natalidade

MÁIS DE TRES MILLÓNS GASTADOS

Desde o 2013 este departamento gastou máis de tres millóns de euros en "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación". En 2017, a Xunta gastou 770.000 euros en publicidade. En 2016 a Xunta destinou case 800.000 euros en diferentes convenios ao longo do ano. Os anos anteriores foron 508.132,94 euros, 263.553,72 e 495.867,77, respectivamente. E no que vai de 2018 xa van medio millón de euros.

Como nos anos anteriores, o argumento para gastar este diñeiro en propaganda é para “sensibilizar aos galegos e ás galegas da importancia da revitalización demográfica e dar a coñecer ó conxunto de medidas de apoio á natalidade e á familia (axudas, servizos e programas de conciliación) que o goberno autonómico que o goberno galego está a levar a cabo”.

Con estas campañas, a Xunta quere “chegar ao meirande número posible de público” para “acadar a maior eficacia e eficiencia na utilización dos recursos públicos que a Xunta de Galicia destina á dinamización demográfica”.

Foi en abril de 2013 cando a Xunta aprobou en Consello o Plan de dinamización demográfica para frear o crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración da xente máis nova. Sen embargo, a principal medida para erradicar esta situación é a da publicidade institucional e non o investimento en políticas activas.

Campaña de publicidade da Xunta a prol da natalidade
Campaña de publicidade da Xunta a prol da natalidade
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Pilar

Eu teño catro fillos , as axudas oubeneficios, conciliación, e demais elementos NON existen é todo mentira. Un exemplo levo as pequenas a piscina municipal cuberta de Lugo hay un 20 de desconto para as familias numerosas sabedes como o fan? Reúnese todos os recibos pagados durante o ano e a final de ano oslevas echo abonan jajaja Como en Suecia igualiño.

4 Galego do rural

Recuerdan la cantidad de medios de comunicación creados durante el siniestro bipartito desaparecidos cuando los gallegos echamos a la banda de Touriño&Quintana? Aquello si que era la lluvia dorada de euros para los medios amigos.

3 Alberte

Vivin nun povo pequeno. Non quedaba ninguen con dous dedos de fronte. Funme. Para que haxa un saldo vexetativo positivo os que tiñan que emigrar non o fan. E os que non, coma min e moitos mais, imonos. Que aturen aos atrasados mentais outros!

2 Alarico

Um jeito de financiar aos “medias”, de lhes mercar o seu silêncio. Entre o que mentem e agacham os chamados “medias” serve para adestrar aos parvos. Esta é a liberdade de expressom.

1 Xan Perillán

A que medios?

1 Os de sempre

Non hai que ser parvos para adiviñalo... La Coz de su amo, o Faro de Caballero, El Correo de Feijóo, etc,etc