Rescatados seis adolescentes ao envorcar a súa embarcación na praia de Vilarrube, en Valdoviño (A Coruña)

Seis adolescentes de entre 14 e 15 anos foron rescatados este venres despois de envorcar a lancha coa que navegaban nas inmediacións da praia de Vilarrube, en Valdoviño (A Coruña).

A CORUÑA | 10/08/2018 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Seis adolescentes de entre 14 e 15 anos foron rescatados este venres despois de envorcar a lancha coa que navegaban nas inmediacións da praia de Vilarrube, en Valdoviño (A Coruña).

Segundo explicaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, foi un particular o que avisou ás 14,50 horas de que había unha embarcación envorcada fronte á praia de Vilarrube e que varios adolescentes pedían axuda.

Despois de recibir o aviso por parte do 112, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra mobilizou á embarcación da Cruz Vermella L.S. Langosteira, así como ao helicóptero Pesca II.

Unha vez no punto, ás 15,08 horas o buque da Cruz Vermella informou que tiña a todos os menores a bordo, que se atopaban en bo estado, así como a outro tres novos que se quedaron nunha cala.

Os nove adolescentes foron trasladados ao porto de Cedeira, onde chegaron ás 15,26 horas. Ademais, a L.S. Langosteira tamén remolcou até o porto á embarcación accidentada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta