Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2018 | Actualizada ás 13:00
Unha muller de 89 anos permanece en observación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de sufrir este sábado picaduras de avespas velutinas procedentes dun niño que se situaba no interior dun galpón da súa vivenda en Mugares, en Toén.
O suceso produciuse ao redor das 16,30 horas da tarde e a muller foi localizada tombada no chan pola súa filla, que se achegou nese momento á vivenda. Os familiares da anciá puxéronse en contacto cos servizos de emerxencia, segundo indicaron fontes de Protección Civil de Toén.
Debido á situación na que se atopaba, tivo que ser trasladada ao CHUO, onde permanece en observación en urxencias sanitarias.
Segundo indica Protección Civil descoñecía que fose alérxica ás picaduras de vespa e non se esperaba que puidese sufrir unha reacción alérxica.
Os membros de Protección Civil foron os encargados de retirar o niño de vespas asiáticas, que se instalou no galpón, e que tiña unhas dimensións duns 20 centímetros de grosor e uns 20 de circunferencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.