O PSdeG empraza a marcharse ao "asediado" conselleiro de Sanidade

Torrado pide ao responsable deste departamento "máis discutido na historia" que volva á súa profesión de médico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2018 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG Julio Torrado emprazou ao "asediado" conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a deixar o seu cargo para dedicarse á súa profesión de médico, debido a que "non ten capacidade xa de liderar o que necesita a sanidade galega".

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Europa Press - Archivo
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Europa Press - Archivo

En rolda de prensa este luns, Torrado enumerou as diversas cuestións polas que cre que Almuíña conta co "dubidoso récord de ser o responsable da consellería máis discutido da historia de Galicia".

Así, critica a súa xestión "ineficiente", a "precariedade" nos Puntos de Atención Continuada (PAC) --tras o falecemento dun paciente sen atención médica na Estrada--, a reforma das áreas sanitarias, a "opacidade" nas contas públicas detectada polo Consello de Contas, así como "o problema" na Atención Primaria pola falta de persoal.

A isto únese que a sanidade galega atópase entre as "tres peores" no último barómetro realizado polo CIS, segundo reprocha. Por todo iso, Torrado chama a Vázquez Almuíña a reflexionar, debido a que "necesita gozar da súa profesión" co fin de que "a sanidade galega teña outro devir", dado que o conselleiro "non está en condicións de achegar nada".

O CONSELLEIRO DARÁ EXPLICACIÓNS NA CÁMARA

Posteriormente, o portavoz do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy, foi preguntado pola prensa sobre as palabras de Torrado. O popular limitouse a contestar que o conselleiro "abordará" estas cuestións na Cámara "cando se renove o período ordinario".

Así mesmo, Puy defende que "en liñas xerais os servizos sanitarios están ben atendidos", aínda que "non se descarta que poida acontecer unha desgraza como a que ocorreu na Estrada". "Todos debemos traballar para minimizar que ocorra unha desgraza nun PAC como puido ser a da Estrada, cousa que lamentamos profundamente, e que trataremos de evitar unha vez que coñezamos en detalle en que circunstancias se porducíu ese lamentable deceso", agregou.

"Insisto que sobre estas cuestións, e con maior detalle, teremos ocasión de coñecer a opinión da Consellería en sede parlamentaria", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta