As vendas do sector servizos crecen en Galicia en xuño por baixo da media

O emprego sobe un 1,6%, tamén menos que no conxunto de comunidades

| 13/08/2018 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O sector servizos en Galicia tivo un aumento na facturación do 5,2% en xuño en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este avance está por baixo da media estatal (+5,7%). En concreto, é o undécimo incremento nun mes de subidas xeneralizadas. Á cabeza está Cantabria (+8%) e na cola Andalucía (+3%).

Deste xeito, Galicia acumula catro anos e catro meses (52 meses) consecutivos de aumentos interanuais, xa que o último dato negativo produciuse en febreiro de 2014.

De media no que vai de ano, a facturación da industria galega crece un 4,8%, menos que o 6,1% no Estado. Atópase na parte das comunidades que menos crece.

No tocante ao emprego, hai un aumento interanual na Comunidade do 1,6%, o cal tamén é menor que o da media (+2,1%). De feito, é o quinto pola cola nun mes de subida en todas as autonomías. De media no primeiro semestre o avance na Comunidade é do 1,9%, tres décimas menos que o 2,2% de España.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta