Lídia Senra pide que a UE cese as relacións con Israel mentres non recoñeza o Estado palestino

A eurodeputada amosa o seu respaldo á declaración de Rianxo como Espazo Libre de Apartheid Israeilí e anima á CE a seguir o exemplo local.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lídia Senra rexistrou este martes un escrito en Bruxelas dirixido á Comisión Europea en apoio á moción sobre Israel impulsada por Rianxo en Común no pasado mes de maio e aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais. O pleno local declarou daquela Rianxo como Espazo Libre de Apartheid Israelí e agora un bufete de avogados israelí vén de denunciar ao citado concello por estes feitos.

As bandeiras palestina e israelí
As bandeiras palestina e israelí

Senra quere amosar todo o seu apoio á iniciativa municipal e, dando un paso máis alá, reclama que a Comisión Europea tome nota do exemplo desta moción e se propoña dunha vez rachar as relacións existentes entre a UE e Israel mentres Israel non recoñeza o Estado palestino e mentres siga vulnerando os dereitos humanos.

Coa aprobación da moción municipal, o Concello de Rianxo comprometeuse a “non establecer convenio, contrato ou acordo de ningún tipo con institucións, empresas ou organizacións israelís até que Israel non recoñeza o dereito á autodeterminación do pobo palestino e acate o dereito internacional”. A moción instaba ademais ao Goberno estatal español e ao galego a poñer fin ás relacións privilexiadas que se manteñen co Estado de Israel.

Neste contexto, e estendendo o espírito da moción municipal, Lídia Senra pregúntalle á CE no escrito rexistrado en Bruxelas se “non pensa a Comisión que a UE debería tamén poñer fin ás amplas relacións que ten con Israel mentres o Estado israelí non cese nas súas continuas violacións dos dereitos humanos contra a poboación palestina”. A europarlamentaria considera que “xa é hora de que a Unión Europea deixe o seu cinismo e defenda os dereitos humanos e dos pobos con todas as consecuencias, é dicir, na práctica do día a día, non só a través de palabras nos papeis”, reclama. Senra destaca a valentía do concello de Rianxo e invita á CE a dar pasos nesa dirección tamén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Galegus

Lidia mordeuse a lingua. O que desexa é a desaparición de Israel. Que horror. Unha vez máis se comproba o carácter profundamente antisemita do nacionalismo galego.

1 fede

E dalle co conto... Qué teñen que ver as críticas a Israel co antisemitismo? Se dixese que Corea do Norte é un estado dictatorial e criminal, sería racista de asiáticos?

2 Mazaira

E que terá que ver o nacionalismo galego. Porque esta señora que eu sepa fuxiu do nacionalismo, creo que é de PODEMOS. O millor agora o alcalde ce Compostela, Coruña e Ferrol tamén son nacionalistas. O que hai que ler.