En Marea pide a comparecencia da presidenta de Portos do Estado para aclarar a responsabilidade do ente

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha solicitude de comparecencia no Congreso dos Deputados para que a presidenta de Portos do Estado, María Ornella.

Por E.P. | VIGO | 14/08/2018 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha solicitude de comparecencia no Congreso dos Deputados para que a presidenta de Portos do Estado, María Ornella, "aclare a responsabilidade da institución que dirixe" no afundimento de parte dun peirao en Vigo, onde se estaba celebrando o concerto de peche do festival O Marisquiño.

A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández
A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández

Alexandra Fernández, en declaracións aos medios no lugar do sinistro, denunciou a "lamentable imaxe" dada por PP e PSOE despois do accidente, que causou máis de 400 feridos, e acusounos de utilizar as institucións "como feudos partidarios".

A deputada de En Marea criticou o "cambio de versión" da Autoridade Portuaria de Vigo, que pasou de falar dun fallo estrutural, a trasladar a responsabilidade ao Concello en relación co mantemento do peirao.

A ese respecto, advertiu de que non debe haber "nin pactos que oculten responsabilidades nin guerras partidarias, porque ningunha das dúas cousas permitiría esclarecer o sucedido". Por iso, incidiu, En Marea reclama "colaboración entre as institucións" e transparencia, e nese marco solicita a comparecencia da responsable de Portos do Estado. Finalmente, Alexandra Fernández volveu a expresar o seu desexo de pronta recuperación dos feridos, e lembrou que "todo Vigo tivo o corazón nun puño na noite do domingo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta