Santiago, entre as mellores universidades do mundo

A USC figura entre as máis destacadas no Academic Ranking of World Universities e a clasificación do National Taiwan University.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/08/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A de Santiago de Compostela é unha das dez universidades españolas presentes un ano máis no listado das mellores universidades do mundo que elabora anualmente dende 2003 o Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecido como ránking de Shanghai. 

Colexio de San Xerome, sede da USC
Colexio de San Xerome, sede da USC | Fonte: Universia

Segundo apunta esta institución nun comunicado, a USC está emprazada no intervalo 401-500 das mellores institucións universitarias do mundo e entre as dez mellores de España. Para esta clasificación tomáronse en consideración os datos relativos a máis de 1.500 universidades, concretamente todas aquelas que contan nas súas comunidades con premios Nobel, Medallas Fields, investigadores altamente citados e artigos publicados nas revistas Nature e Science. Tamén se destacan aquelas universidades que teñen unha cantidade significativa de traballos indexados por Science Citation Index-Expanded (SCIE) e Social Science Citation Index (SSCI).

Nesta edición inclúese unha universidade española menos que en 2017. Así,  ademais da USC, de España atópanse incluídas entre as mellores a de Barcelona, Complutense, Pompeu Fabra, Granada, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, País Vasco, Politécnica de Valenci e Valencia. O reitor Antonio López mostrou a súa satisfacción polos logros da USC que lle permiten figurar un ano máis entre as mellores do mundo, “grazas ao traballo conxunto e o bo facer de todos os integrantes dos distintos sectores universitarios, persoal docente e investigador, de administración e servizos e estudantes”.

OUTRAS CLASIFICACIÓNS

Ademais desta clasificación global, o mesmo ránking publicaba a finais do pasado xullo outra clasificación das institucións universitarias organizadas por materias concretas en base á súa capacidade investigadora. Tamén nesta clasificación figuraba a USC cun total de dezasete áreas temáticas entre as mellores do mundo. Ciencias Veterinarias é o ámbito no que a USC alcanza a súa mellor clasificación, no intervalo 76-100. Tamén acada unha posición destacada en Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos ao posicionarse no intervalo 101-150.

De xeito paralelo, hai uns días tamén se coñecían os resultados do ránking de rendemento investigador das universidades do mundo que elabora a National Taiwan University, segundo o cal a USC atópase na posición 440 de entre 800 institucións de todo o mundo. A selección das mellores universidades baseouse en información obtida de Essential Science Indicators (ESI). Así, dunha mostra inicial de más de 4.000 institucións de investigación enumeradas en ESI, este sistema de clasificación seleccionou as principais en función do número de artigos e citas publicadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Tui

Mira que sois cachondos.440 entre 800, y vosotros contáis que una de las mejores.

1 Opinar sen cancelas

Hai máis de 20.000 universidades no mundo http://www.webometrics.info/en/node... Xa simplemente estar no número 800 é estar entre as mellores do mundo, e ser a 440 é moito mellor. Pero o falar sen saber non ten cancelas

2 galegoexiliado

Pois eso, é unha das primeiras do terceiro mundo, cousa que aos envexosos non lles agrada.