Temas: UGT XULGADOS LUGO

UGT reclama un xulgado de instrución máis para Lugo ante "o colapso" do número un

O delegado de UGT nos xulgados de Lugo, Jesús Castro, reclamou este xoves un xulgado de instrución máis para a cidade ante o "colapso" que vive o que leva a xuíza Pilar de Lara.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2018 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O delegado de UGT nos xulgados de Lugo, Jesús Castro, reclamou este xoves un xulgado de instrución máis para a cidade ante o "colapso" que vive o número uno, que leva a xuíza Pilar de Lara. Así, Castro defende a necesidade de que se cre "outro xulgado de instrución" na cidade amurallada. Neste momento hai tres, e alerta de que "entran de garda cada tres semanas e nun mes poden estar até dúas veces de garda e isto atrasa todo".

A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol
A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol | Fonte: cedida

Ademais, cre necesaria a posta en marcha doutro xulgado do penal e outro do social. "En Lugo o último que se creou foi o de Vixilancia Penal, e diso fai tres ou catro anos", lembra. Así mesmo, demandou á Xunta que "se reforce con máis persoal, tanto a nivel de xuíces como de persoal de oficina", o xulgado que dirixe Pilar de Lara para "poder facer fronte a todas as macrocausas que leva".

"O número uno ten macrocausas pendentes con moitos imputados, con moita xente, e causas complexas que provocan que se retarden todas as demais", advirte. Ademais, avisa da lentitude en diversos informes que se piden, por exemplo os encargados á UCO da Garda Civil.

E é que neste xulgado permanecen abertos casos tan mediáticos, como a 'Carioca', sobre redes de prostitución, que cumprirá dez anos a finais de 2018 desde que arrincou a investigación, ou a 'Pokémon', sobre corrupción, aberto fai case seis anos. Estas causas conviven coa 'Condor', sobre branqueo, ou a 'Pulpo' que ten que ver coa Deputación de Lugo.

Temas: UGT XULGADOS LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta