Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2018 | Actualizada ás 16:40
Nun comunicado emitido polo Concello, a administración local tudense tamén solicitou que as compañías "busquen a maneira de resarcir a totalidade dos danos sufridos por cada un dos seus asegurados, sen perder de vista a excepcionalidade do sinistro".
Así mesmo, explicou que o asesor xurídico posto a disposición dos damnificados polo concello "atendeu a moitos dos afectados", e "bota en falta unha comunicación fluída de moitas compañías cos seus asegurados e co asesor municipal", para "acadar unha solución o máis rápida posible" e "satisfactoria para os clientes".
Finalmente, o Concello de Tui insistiu tamén no "trato excepcional" que requiren os afectados, dada a "excepcionalidade e magnitude" dos feitos, nos que 414 vivendas resultaron danadas, ademais de 70 vehículos. Nesa explosión faleceron dúas persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.