Sensacións de "calor intensa" en puntos de Pontevedra e A Coruña

As temperaturas comezarán a baixar entre a tarde do martes e o mércores en ambas as provincias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2018 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

En moitos puntos das provincias de Pontevedra e A Coruña están a producirse situacións de "calor intensa" durante este luns e manteranse na xornada do martes en zonas concretas destas dúas provincias.

Bañistas, praia, sol, calor, temperaturas altas. Europa Press
Bañistas, praia, sol, calor, temperaturas altas. Europa Press | Fonte: Europa Press

As máximas do domingo superaron os 30 graos en moitos lugares e mesmo os 35 en puntos do sur. Na pasada madrugada, as temperaturas non descenderon dos 20 graos en zonas de Pontevedra e oeste da Coruña, o que supón unha "situación de noite tropical", segundo informou nunha comunicado a Xunta, a través do seu Comité de Plan de Calor. Estas temperaturas comezarán a descender entre a tarde do martes e a xornada do mércores nesas zonas e na provincia de Ourense, onde as mínimas baixarán durante a xornada do xoves.

Esta situación meteorolóxica está marcada por altas presións, localizadas ao norte da península Ibérica, que provocan que o ceo quede completamente despexado polas tardes. Ademais, desde o domingo, este anticiclón trouxo aire cálido procedente do sur da península. No marco do plan de actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, a Consellería de Sanidade informou que a combinación destes dous factores foi a razón de que as temperaturas sexan elevadas tanto durante o día como pola noite.

RECOMENDACIÓNS

O departamento sanitario recomenda ante esta situación beber máis líquido do habitual, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos, así como evitar inxerir bebidas alcohólicas, café, té e as máis azucaradas. Así mesmo, suxire evitar realizar actividade física e ir á praia, durante as horas de máxima calor --mediodía e primeiras horas da tarde--. Sobre as cremas de protección, recomenda usar as de maior protección e nunca inferior a 15.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta