Temas: ROUBO MONDARIZ

Detido un veciño de Mondariz como presunto autor de 11 roubos con forza

A investigación iniciouse despois das denuncias postas nos últimos meses por roubos en diferentes establecementos de Mondariz: empresas, chiringuitos de praias fluviais e vivendas.

Por E.P. | VIGO | 22/08/2018 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Mondariz (Pontevedra), J.F.I.G., de 34 anos de idade, como presunto autor de 11 roubos con forza cometidos en empresas, chiringuitos de praias fluviais e vivendas deste municipio.

Detido Por 11 Roubos Con Forza En Mondariz. GUARDIA CIVIL
Detido Por 11 Roubos Con Forza En Mondariz. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

A investigación, que foi levada a cabo por efectivos do posto principal de Garda Civil en Ponteareas, iniciouse despois das denuncias postas nos últimos meses por roubos en diferentes establecementos de Mondariz.

O Instituto Armado estableceu un dispositivo especial de vixilancia neste termo municipal, no marco do cal, na madrugada do pasado luns, unha dotación sorprendeu a un individuo tentando forzar o quiosco da praia fluvial do Val.

O sospeitoso deuse á fuga ao decatarse da presenza dos axentes, deixando no lugar varios obxectos, entre eles, unha bolsa que utilizaba para cubrir a cabeza.

As pescudas policiais permitiron a súa identificación e detención. Así, trátase dun veciño de Mondariz cun amplo historial de antecedentes por delitos contra a propiedade, e atribúenselle un total de 11 roubos cometidos entre finais de xullo e principios de agosto nesta localidade.

No transcurso desta investigación puidéronse recuperar algúns dos efectos subtraídos, e que foran vendidos en locais de compravenda de segunda man. As dilixencias practicas foron postas a disposición do xulgado de instrución de garda de Ponteareas.

Temas: ROUBO MONDARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta