Por Galicia Confidencial | Ferrol | 23/08/2018 | Actualizada ás 14:37
O cada vez máis coñecido fútbol gaélico será protagonista este sábado en Ferrol. Porque o deporte rei en Irlanda pouco a pouco está a coller forza en Galicia e estas xornadas, organizadas pola Fundaçom Artábria, gardan a expectativa de formar un equipo e poder formar parte da próxima temporada na Liga Gallaecia. A liga de fútbol gaélico mixto. As xornadas darán comezo ás sete da tarde no Campo de Gandara e están abertas a mulleres e homes sen importar a idade.
Ás oito da tarde terá lugar a " I Taça Trasancos de Futebol Gaélico", na que se enfrontarán o Fusquenlha FG (de Pontedeume) e un combinado de xogadores e xogadoras da Liga Gallaecia. Por último, haberá un "terceiro tempo de confraternizaçom" no Centro Social da Fundación. O obxectivo: sumar novas deportistas que xa veñen sumando dende "quel histórico jogo 20 de julho de 2012 no Campo de Futebol com o debute da seleçom galega contra a Bretanha".
A Fundaçom Artábria, a entidade organizadora, é unha fundación de carácter sociocultural sen ánimo de lucro que está declarada de Interese Galego e clasificada de interese cultural. Defínense como un "projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.