Capturan unha pequena quenlla nunha praia de Porto do Son

Un mozo pescou na madrugada deste xoves unha pequena quenlla na praia de Queiruga. O animal medirá, segundo os seus cálculos, uns 90 centímetros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2018 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Un mozo pescou na madrugada deste xoves unha pequena quenlla na praia de Queiruga, no municipio coruñés de Porto do Son. O animal medirá, segundo os seus cálculos, uns 90 centímetros. En declaracións a Europa Press, o mozo natural de Santiago Daniel Ferro explicou que se atopaba pescando coa súa parella neste areal cando, sobre as 4,00 horas, algo movía a súa cana.

Pequena quenlla capturada na praia de Queiruga, en Porto do Son (A Coruña). CEDIDA
Pequena quenlla capturada na praia de Queiruga, en Porto do Son (A Coruña). CEDIDA | Fonte: Europa Press

"Puxen cebo grande porque estaba a buscar robalizas. Nese momento deume unha picada e, cando botei as mans á cana, dobrouma e estiven entre 10 e 15 minutos tirando", relata. Tras iso, conseguiu "cansalo e varalo na area".

Finalmente, Daniel Ferro declarou que está a estudar conservalo a través dun proceso chamado taxidermia, "algo parecido ao disecado", explica. O mozo pescador mostrouse "moi sorprendido" de capturar o exemplar "desde a costa", un lugar ao que estas pequenas quenllas, asegura, é "complicado" que se acheguen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta