Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2018 | Actualizada ás 13:18
O premio de 250.749 euros da 'X Da Sorte' deste venres foi vendido no Porriño no estanco dun veciño do municipio, Andrés Martínez, que declarou a Europa Press que aínda non se coñece a identidade do gañador. O propietario do Estanco Nº2 da localidade pontevedresa indicou que aínda é "demasiado pronto" para saber quen é o gañador, pero que, por experiencias pasadas, acabarase coñecendo.
Os máis de 250.000 euros deste venres conforman a terceira gran cantidade que reparte a administración este ano, que o catro de xaneiro entregou o segundo premio do 'Sorteo Do Neno' e 16 días despois o primeiro premio da Lotaría Nacional.
Andrés Martínez explicou que o seu establecemento leva vendendo lotaría seis anos e que neste tempo xa entregou "cinco grandes premios" aos seus clientes, o que lle fai sentir unha "gran alegría". A popularización do local incrementou as vendas deste estanco que, segundo o seu propietario, se converteu "na 'Manolita' de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.